Os demorados traballos de restauración da catedral de San Martiño en Ourense continúan cunha nova fase. A ConsellarÃa de Cultura anunciaba onte o investimento de 300.000 euros máis no edificio, desta volta destinados ao acondicionamento do patio situado entre a nave e o edificio de cóengos. As demolicións, limpezas e restauración de fábricas, canteirÃas e cubertas pretenden recuperar a vista da fachada sur da Catedral, agora mesmo cuberta parcialmente. A actuación, coa que a Xunta xa se supera o 1,8 millóns de euros investido no edifico, está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.