A Xunta estenderá os ámbitos de recuperación de patrimonio en Mondoñedo

Investirá un millón de euros na Catedral e na Casa dos Coengos

5/7/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioturismo
25 lecturas | Compartido 0 veces

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou onte en Mondoñedo os investimentos no patrimonio cultural da cidade: a Catedral recibirá un orzamento de 880.000 euros para conservación e restauración, cun proxecto que se está a redactar nestes momentos, e a Casa dos Coengos, pola súa banda, 350.000 euros para a corrección de diversas deficiencias "e a súa adecuación para usos diocesanos e públicos". Os orzamentos contan con achegas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. A maiores, Rodríguez sinalou que a Xunta colaborará na adecuación e posta en valor doutros espazos, como a casa de Álvaro Cunqueiro ou o sitio arqueolóxico dos Castros.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Catedral, Román Rodríguez, Álvaro Cunqueiro...

Claves

Lugares