
A nova instalación recolle material das empresas gráficas Sucesores de Mancebo, Gráficas Lucenses e Junor, e pretende abordar "a importancia de Mondoñedo no desenvolvemento da imprenta e, por extensión, da propia industria editorial moderna en Galicia" segundo explica a ConsellarÃa. Entre as pezas máis destacadas en exposición atópanse unha máquina plano cilÃndrica de 1870 fabricada en Bélxica e ideada para grandes formatos, unha Minerva Hispania semiautomática ou unha linotipia. O Centro de Interpretación sitúase na antiga Casa dos Coengos da catedral mindoniense.