120.000 euros para musealizar a casa de Cunqueiro

Xunta e concello de Mondoñedo asinaron un convenio de colaboración

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinaron hoxe un convenio polo cal a Xunta achegará 120.000 euros para a musealización da casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. A casa convertirase nun museo dedicado á figura do escritor para converterse "nun novo referente no eido do turismo literario para Galicia". A actuación na casa inclúe a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade, a produción de contidos gráficos e audiovisuasi, así como a moblaxe específica para o espazo expositivo, a documetnación e o deseño de contidos da musealización do fogar de Cunqueiro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Mondoñedo, Román Rodríguez, Álvaro Cunqueiro, Turismo...