As cancións dos poetas mindonienses protagonizan a quinta edición de No bico un cantar, un programa que ten un marcado carácter didáctico e cultural e xunta música, poesía e mocidade. O concerto foi presentado hoxe no Consello da Cultura Galega polo seu presidente, Ramón Villares, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo e Maximino Zumalave, director artístico do concerto.
Zumalave sinalou a importancia deste evento como un exemplo de que diferentes institucións e entidades poden conseguir cando se traballa de maneira conxunta. De feito, a cita xuntará en Mondoñedo, o vindeiro 2 de xuño, un gran coro de nenos e nenas chegados dos conservatorios profesionais e das escolas de música de Galicia para cantar a Álvaro Cunqueiro, A. Noriega Varela, Manuel Leiras Pulpeiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome. A cita suporá a estrea da versión dos poemas Neniae e ¡Non o sei! musicados polo compositor Nico Casal. O santiagués afincado en Londres é recoñecido por ser creador da banda sonora de Stutterer, mellor curtametraxe de ficción na edición dos Óscar de 2016.
O programa desta quinta edición de No bico un cantar está conformado por cinco poemas de autores mindonienses. Trátase de No niño novo do vento de Álvaro Cunqueiro, composta por Luis Emilio Batallán; "Froliñas dos toxos" de A. Noriega Varela, composta por Eduard Toldrá e "O neno durmía" de Xosé Díaz Jácome, composta por Antonio Paz Valverde. Os arranxos para coro e sexteto de metais foron realizados por Juan Durán. Canda elas, e como vén sendo habitual, o Consello da Cultura Galega encargou a composición musical, neste caso de dous poemas, a un creador novo. Neniae de Aquilino Iglesia Alvariño e ¡Non o sei! de Manuel Leiras Pulpeiro foron as obras escolleitas polo santiagués Nico Casal, compositor da banda sonora de Stutterer, mellor curtametraxe de ficción nos Óscar de 2016. Con esta iniciativa, o Consello da Cultura Galega procura a elaboración continuada dun repertorio musical para coros que está dispoñible para todos os usuarios desde o web da institución. O concerto do día 2 de xuño na Praza da Catedral de Mondoñedo será a súa estrea absoluta.
Baixo a dirección de Maximino Zumalave
O recoñecido pianista, director e membro do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave, repite como responsable artístico deste proxecto que xuntará preto de cincocentos nenos e nenas chegados de diferentes conservatorios profesionais e escolas de música de toda Galicia. Canda el, tamén repite o grupo de metais Hércules Brass, un quinteto de diferentes instrumentos (trompeta, trompa, trombón e tuba) ao que se incorpora un músico para conformar un sexteto. A comunidade local tamén participa a través de catro centros de ensino da contorna: os conservatorios profesionais de música de Vilalba e Vieiro e as Escolas de Música Municipal O Pallarego de Mondoñedo e a de Ribadeo.
Mondoñedo acollerá o primeiro venres de xuño este recital para homenaxear a vizosa colleita dos seus poetas máis senlleiros. Xunto a Álvaro Cunqueiro na versión popularmente coñecida de Luis Emilio Batallán, as terras de Merlín sentirán os versos de Xosé Díaz Jácome nun arrolo sentido no colo da noite, a beleza da Neniae de Aquilino Iglesia Alvariño (Quén o seu bérce anainar, ha de ter a mau lixeira: ha de pillar uha ròsa sin abalar a ròseira), o berro agrarista de Manuel Leiras Pulpeiro e o escintilar do ouro das froliñas dos toxos de A. Noriega Varela para rematar o programa musical coa interpretación de Maio longo de Rosalía de Castro, convertido en emblema desta iniciativa.
No bico un cantar
Unha frase Curros Enríquez a Rosalía, No bico un cantar, deulle nome a un proxecto do Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Educación que naceu en 2013 co obxectivo de dar a coñecer a poetas recoñecidos da nosa terra pero desde un punto de vista musical. Nese ano, cando se cumprían o 150 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de Padrón foi a protagonista deste concerto que se desenvolveu en San Domingos de Bonaval. A segunda edición trasladouse a Celanova co canto a Curros Enríquez e viaxou a Cangas en 2016 nos versos dos trobadores medievais, cunha parada na Arousa en 2015 para homenaxear a Ramón Cabanillas en Cambados.