A Xunta investirá 2 millóns de euros na restauración da Catedral de Santiago

Destinaranse a completar os traballos na fachada do templo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os traballos de restauración da Catedral de Santiago poderán completarse nos vindeiros anos grazas a un novo investimento da Xunta de Galicia. O presidente do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo anunciou a vindeira sinatura dun convenio polo que se investirán 2 millóns de euros. Os fondos irán destinados á restauración íntegra da fachada do Obradoiro, unha actuación que completará os labores que se están a desenvolver na actualidade nas torres anexas. Os responsables do templo anunciaban en 2013 un investimento total de 12 millóns de euros no mesmo, e adiantaban que pretendían conseguir un 80% dos mesmos de investimentos privados.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Goberno Galego, Xunta de Galicia...