O Consorcio de Santiago achegará 1,4 millóns para restaurar a Catedral

Os fondos destinaranse á rehabilitación das torres do templo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os traballos de restauración das torres da Catedral de Santiago acaban de recibir un importante impulso. Un convenio do Consorcio de Santiago coa Fundación Catedral achegará un total de 1.427.379 euros a estas obras. Nas últimas semanas detectáronse novos problemas no estado destes elementos por mor de restauracións incorrectas realizadas no pasado sobre o conxunto que dificultan o proceso de recuperación. O director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, denunciou recentemente as dificultades que está a ter a entidade para reunir os fondos necesarios con que abordar a restauración da fachada do templo.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Consorcio de Santiago, Catedral de Santiago

Claves

Conceptos