Axilizar as xestións de obras na Catedral de Santiago e desenvolver un proxecto integral de xestión, restauración e mantemento do templo. Este é o desafÃo que se fixou a Fundación Catedral, unha entidade nada en 2008 pero que modificou recentemente os seus estatutos para abordar tarefas de xestión patrimonial. A Oficina Técnica da Catedral será a ferramenta fundamental para o desenvolvemento do traballo patrimonial da Fundación. AÃnda que está nas fases iniciais de desenvolvemento de plans de recuperación, a entidade quere desenvolver un proxecto ata o ano 2021 e cifra en máis dun millón de euros os fondos necesarios para manter e conservar o templo. Neste campo agarda asinar un convenio co Consorcio de Santiago.