Francisco DomÃnguez, o flamante administrador xeral da Catedral de Santiago, daba a coñecer onte en diferentes medios galegos as contas do templo. O plan económico para os vindeiros catro anos prevé un investimento total de 12 millóns de euros, dos que de irán destinados a desenvolver o Plan Director, que prevé importantes obras de rehabilitación do conxunto. Fernández adianta que se ensaiarán novas vÃas de financiamento para cubrir estes fondos, e se ben a maior parte (un 80% das necesidades pendentes) procurarase vÃa mecenado de entidades privadas, buscarase tamén o alugueiro de diferentes espazos para eventos e outras actividades. Ademais, promoverase o programa de Amigos da Catedral con vistas a facilitar as achegas individuais ao templo e desenvolverase un novo modelo de xestión da Oficina do Peregrino. Ata 2007 o templo ten previstos uns ingresos de 7,5 millóns de euros.