A Catedral de Santiago recibirá 17 millóns para rehabilitación

A Xunta e o Goberno central asinaban esta mañá un protocolo de colaboración con este fin

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Goberno Central asumirá finalmente os custos de pór en marcha o Plan Director da Catedral de Santiago. O presidente, Mariano Rajoy, asinaba esta mañá co seu homólogo na Xunta, Alberte Núñez Feijoo un protocolo de intención co que se compromete a investir un total de 17 millóns de euros ata 2021. Destes, cinco millóns desembolsaranse ao longo dos vindeiros tres anos para cubrir actuacións urxentes que freen o deterioro do monumento. O plan económico da Catedral, presentado en 2013, pretendía cubrir con fondos privados ata un 80% dos fondos necesarios para desenvolver o plan director do templo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Goberno Central

Claves

Entidades
Conceptos