A universidades contarán con 2.480 millóns ata 2020

Os reitores e a Xunta asinaron o Plan de Financiamento Plurianual

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

As tres universidades galegas repartirán este ano 392 millóns, un 4,8% máis do que en 2015, e disporán ata 2020 dun total de 2.480 millóns de euros. Estas son as cifras que establece o Plan de Financiamento Plurinaural que asinaban onte os tres reitores e mais o presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijóo. Aínda que a Xunta destaca que o novo plan mobiliza un 18% máis fondos que o anterior e que garante a sustentabilidade do sistema universitario galegos, os reitores achegaron diferentes críticas ao acordo, aínda que recoñecen que a prosposta asinada achega unha importante estabilidade para a xestión.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia

Claves

Entidades