As universidades iniciarán 2011 sen grandes mudanzas no financiamento

O Plan Plurianual contempla que reciban o 1,01% do PIB para 2015

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O plan de financiamento plurianual para as universidades galegas que se aprobou o pasado venres non prevé grandes modificacións para estas entidades o vindeiro ano. Segundo se prevé, estas entidades encararán 2011 como un ano de transición, cun 5,5% menos orzamento do que no último exercicio. No entanto, o plan contempla que ata 2015 se invista un mínimo de 2.100 millóns de euros nas academias, e que nese ano o orzamento chegue ata o 1% do Produto Interior Bruto, unha vella aspiración as universidades. Ao longo dos vindeiros meses está previsto que se desenvolvan as negociacións coa Xunta para definir os criterios de reparto deses fondos, aínda que o conselleiro de Eduación, Xesús Vázquez, adiantou que en 2015 un 30% dos orzamentos se distribuirán atendendo a "boas prácticas, actuacións de eficiencia e resultados".

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PIB, Xesús Vázquez

Claves

Protagonistas
Conceptos