Educación presenta un bosquexo en dúas semanas para aclarar o futuro do financiamento universitario

Como auga de maio

O financiamento do sistema universitario leva, desde que a Xunta pechou o plan de financiamento 2003-2004, ocasionando numerosos problemas e recortes nas tres institución galegas (USC, UDC e Uvigo). O descenso no número de alumnos, principal criterio no sistema de reparto por parte da Xunta, fai estragos nas arcas universitarias que se atopan nunha delicada situación. Onte, no transcurso da xuntanza do Consello Galego de Universidades, o titular de educación, Celso Currás, confirmou que en quince días haberá un bosquexo do futuro plan de financiamento. Un plan que deberá entrar en vigor o 1 de xaneiro do 2005 e, que os reitores pretenden que entren parámetros como PIB, os equipos docentes e a investigación.

Máis información en La Voz de Galicia e no escáner de Vieiros