Cen profesores da USC protestan contra o plan de financiamento que aprobou onte o Consello Galego de Universidades

Financiamento: Aprobado e discutido

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consello Galego de Universidades aprobaba onte o seu plan de financiamento para os período 2005 a 2010, que se cubrirán cun total máis de douscentos noventa e nove millóns de euros. Destes, a Coruña e Vigo recibirán cadanseus cinco millóns de euros para converxer coa institución compostelá, mentres esta recibirá unha axuda especial para superar a súa crise financeira. As tres entidades universitarias do país prevén que se produza un descenso de vinte mil alumnos neste período. Aínda que o acordo foi aprobado por unanimidade polos tres reitores do país, máis de cen profesores da Universidade de Santiago reclamaron nun escrito unha revisión deste plan ao considerar que paraliza o desenvolvemento da institución.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego; sobre as queixas dos profesores composteláns en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Vigo...