A USC acumula unha débeda de 24 millóns de euros

As contas na USC

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
As contas non saen. Os gastos das Universidade de Santiago son superiores aos ingresos e así desde hai varios anos. Tantos que a Universidades acumula unha débeda de 24 millóns de euros, segundo publica hoxe El Correo Gallego. A día de hoxe, a principal fonte de ingresos da Universidade é a Xunta de Galicia, que ten un modelo de financiamento baseado no número de alumnos; precisamente unhas cifras que baixan desde o curso 1997/98. Para rebaixar esta débeda, a USC anunciou a creación dunha sociedade con Caixa Galicia, para o desenvolvemento urbanístico dos terreos que a entidade académica ten en Galeras. Unha formula que permitirá rebaixar a débeda. Pero hai máis, desde a USC (algo compartido polas outras dúas universidades galegas) reclámase un novo plan de financiamento que teña en conta, alén do número de alumnos, actividades de investigación, xestión e prestación de servizos e as necesidades relativas a equipamento e edificios.

Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia a creación da sociedade para o desenvolvemento urbanístico de Galeras.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, El Correo Gallego, Caixa Galicia, La Voz de Galicia...