A Xunta comprométese a axudar á USC a diminuír a súa débeda

Balance académico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Buscar máis ingresos e reducir os custes. Esta é a fórmula que a Universidade de Santiago pretende aplicar para contribuir para paliar a súa debeda. Para a primeira premisa, a Xunta xa anunciou que en marzo ou abril se debaterá o novo plan de financiamento universitario que se basea en dous piares: a subvención xeral incondicional e en función dos obxectivos de calidade, aínda sen concretar. Alén diso, o Conselleiro de Educación amosouse disposto a colaborar economicamente coa USC para paliar o déficit acumulado. E para a segunda premisa, a Universidade está a elaborar un plan de financiamento, tal e como recolle a Lei de Estabilidade Presupostaria, que inclué medidas desde a xubilación anticipada para os docentes; o reequilibrio do PAS e aumentar o custo dalgúns dos servizos que ofrece para equilibrar as súas finanzas.

Consulta as novas sobre a situación financeira da USC en culturagalega.org, e sobre a declaración da Xunta na rolda de prensa en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Culturagalega, Educación, El Correo Gallego...