A Universidade de Santiago aprobará un orzamento que subirá un 1.6% o vindeiro curso

Fonseca

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Mañá o claustro da Universidade de Santiago de Compostela votará o orzamento para o vindeiro ano. A pesar de que o pasado luns se ratificou o Plan de Financiamento do Sistema Universitario, a USC terá 190 millóns (un 1.6% máis que o pasado curso) para afrontar o curso que vén. Entre as novidades no capítulo de ingresos destaca o aumento de trece millóns en transferencias correntes e de capital, mentres que no de gastos, a USC presenta uns orzamentos semellantes aos do ano pasado (dos que un 60.69% vai para persoal e un 24.8% para investimento). De todos xeitos, a USC baseou os orzamentos en dous documentos marco, por unha banda o de equilibro (para rebaixar a débeda) e outro de financiamento (para conseguir captar máis recursos para o seu programa).

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e no xornal da USC

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, El Correo Gallego, Universidade de Santiago de Compostela, La Voz de Galicia...