A Catedral de Santiago precisa intervencións por valor de 20 millóns

O Plan Director do monumento dá un novo paso cara á súa aprobación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Comisión Asesora do Casco Histórico de Compostela aprobou onte o proxecto do plan director da Catedral de Santiago, que prevé un investimento de 20 millóns de euros en iniciativas de recuperación. Segundo o documento, que marcará o futuro do templo, cómpre achegar preto de 7 millóns de euros en actuacións inmediatas, e algo máis de oito millóns en restauracións secundarias en torres e templos. En total, o plan contempla a necesidade de achegar 20 millóns de euros en diferentes intervencións, aínda que non pón datas para as mesmas. Fica pendente agora a aprobación deste texto polo Concello de Santiago.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Concello de Santiago, Santiago de Compostela