Co documento completo aÃnda pendente de se facer público, a Xunta de Galicia anunciaba onte un investimento de "como mÃnimo" 247,7 millóns no marco do Plan estratéxico do Xacobeo 2021. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, presidÃa onte o encontro da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 no que se aprobou este documento, que guiará a acción de goberno de cara ao vindeiro Ano Santo. O orzamento anunciado sumarase, segundo á Xunta, aos 33 millóns xa investidos neste proxecto.
Ao termo da xuntanza, Feijóo adiantou que este Plan supón só un primeiro paso no que pretende sexa un proxecto máis amplo co horizonte dos Xacobeos de 2027 e 2032 no que o presidente denominou un "Xacobeo de 5.000 dÃas" e mais "unha era Xacobea". Segundo adiantou a Xunta, a vindeira celebración será un "Xacobeo verde" no que se destacará "o Camiño, a paisaxe, o patrimonio, a gastronomÃa propia". Ademais, a celebración será tamén "un Xacobeo innovador, capaz de promocionar unha Galicia cada vez máis tecnolóxica, máis dixital e máis comprometida cos sectores emerxentes. E un Xacobeo familiar, que conxugue os intereses e as visións de todas as xeracións e tamén de todos os colectivos".
Como adianto, está previsto que a ConsellerÃa de Cultura e Turismo invista máis de 180 millóns de euros nesta conmemoración ata 2021. O plan completo presentarase ao público nos vindeiros dÃas e o conselleiro de Cultura acudirá ao Parlamento para o dar a coñecer.