A Cidade da Cultura deixa atrás "un perÃodo marcado polos proxectos construtivos para centrarse na expansión da actividade". Asà o asegura a Xunta de Galicia na presentación do Plan Estratéxico 2021-2027 para o complexo do Gaiás, que aprobada o Consello do Goberno Galego este 25 de novembro e que o Secretario Xeral de PolÃticas Culturais, Anxo Lorenzo, daba a coñecer ante o Parlamento na mañá do 26.
O documento prevé un investimento de trinta millóns de euros para desenvolver setenta accións estratéxicas ao longo deste tempo, o que supón 4,2 miLlóns de euros anuais. Nos seus obxectivos fundamentais está multiplicar o retorno que este proxecto achega á sociedade, e prevé que por cada euro investido se recuperen 2,5 de impacto. Ademais, A Xunta quere incrementar nun 40% as visitas ao complexo no perÃodo contemplado ata alcanzar 1,4 millóns en 2027 e duplicar o número de eventos que se desenvolven neste espazo e superar os 500 cada ano.
Superar o espazo fÃsico
Canda a isto, a principal novidade no plan é superar os espazos do fÃsicos do Gaiás como base da actividade do proxecto. "A partir de agora, a Cidade da Cultura pasará a funcionar como unha produtora de contidos exportables a centros culturais de Galicia e de fóra da Comunidade", asegura a presentación do Goberno Galego, na liña do que xa se está a abordar no campo das exposicións e que chegará a áreas como a das artes escénicas.
Artes dixitais
No marco do plan anúnciase a adecuación de espazos para albergar actividades creativas e un impulso ao programa de residencias artÃsticas, cunha especial presenza das artes dixitais no complexo. De xeito máis concreto Anxo Lorenzo adiantou na súa comparecencia ante a Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento a creación dun Centro de Artes Dixitais, no subterráneo do Edificio Fontán, que terá que ser reformado para este fin.
Segundo asegurou "a combinación de creación e tecnoloxÃas dixitais figura como unha das grandes apostas da Cidade da Cultura nos próximos anos, tanto desde o punto de vista de apoiar aos creadores para experimentar con estas novas linguaxes como da programación de contidos que acheguen á cidadanÃa experiencias artÃsticas anovadoras". Propostas inmersivas, realidade aumentada, ou NFT´s son os exemplos que a Xunta presenta neste sentido.
Posta en valor de coleccións
Canda a isto anunciou o Proxecto Ollándonos, "unha ambiciosa liña de traballo para afondar no coñecemento do nosos propios legados, pero tamén como vÃa para proxectar o noso talento fóra de Galicia" que desenvolverá proxectos expositivos temporais e accións divulgativas "de coleccións e legados artÃsticos esenciais na configuración da cultura e da identidade de Galicia".
Internacionalización e camiño
Por outra banda, a Xunta quere facer do Gaiás un centro de internacionalización, tanto no sentido de proxectar a produción cultural galega como no de desenvolver proxectos de cooperación con proxectos e institucións culturais de renome. Segundo adianta o goberno galego, o novo plan "presta especial atención a todo canto está conectado coa promoción da Cidade da Cultura como recurso turÃstico" asà como "a conexión co Camiño de Santiago", de xeito que o complexo achegará contidos e albergará eventos vencellados co Ano Santo.
Formación
Finalmente, o Gaiás pretende converterse con este Plan Estratétixo "no principal axente para modernizar as industrias culturais e creativas a través de programas de cualificación en tecnoloxÃa dixital, mentorización para proxectos novos ou promoción de empredemento", segundo destaca a Xunta. O texto completo do Plan presentarase ao público en vindeiras datas e darase a coñecer neste mes de decembro ao sector cultural, segundo asegurou Lorenzo.