A continuar o camiño para conseguir os recoñecementos de Reserva da Biosfera e de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra, o Consello da Xunta anunciaba onte un Plan Estratéxico para a Ribeira Sacra. O Goberno Galego anuncia un investimento de 3,5 millóns de euros que se distribuirán en dez medidas, entre as que se inclúe unha nova Área de Rehabilitación Integral que afectará a 25 concellos e actuacións en bens patrimoniais especialmente destacados. Neste campo, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciou a recuperación das contornas da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) e do Mosteiro de Ribas de Sil así como unha intervención integral na parroquia de San Fiz de Asma (Chantada).
As propostas da Xunta afectarán tamén ás dúas áreas de especial interese paisaxístico da zona, as do Canón do Sil e do Canón do Miño, que se unificarán e que se verán complementadas por un Pacto pola Paisaxe e Plan de Acción da Paisaxe que afectará aos itinerarios de interese paisaxístico existentes na área. A nivel ambiental, unha nova ruta de Árbores con Historia e un proxecto escolar no marco da iniciativa Voz Natura son as principais novidades previstas, así como a redacción dun estudo de impacto do cambio climático na área.