O Consello da Xunta aprobaba onte o decreto polo que se declara como Ben de Interese Cultural na categorÃa de Paisaxe Cultural a Ribeira Sacra. Esta declaración dotará da máxima protección legal prevista na Lei de Patrimonio unha área de 180 quilómetros cadrados distribuÃda entre 22 concellos de Lugo e de Ourense, sendo o primeiro BIC desta extensión que se crea no paÃs. Segundo destacou o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, o trámite de declaración reduciuse nesta ocasión de dous anos a só un malia ao complexo do expediente e sinalou que este recoñecemento supón un novo paso de cara a obter a declaración de Patrimonio da Humanidade para esta zona da man da UNESCO.
O expediente, que contou con informes da Real Academia de Belas Artes e do Consello da Cultura Galega, incorporou total ou parcialmente 23 das 28 alegacións que se presentaron durante o perÃodo de exposición pública. Segundo a Xunta, estas achegas permitiron "mellorar e completar o expediente en aspectos significativos relativos á toponimia ou ao patrimonio fluvial". Ademais, "incluÃronse de xeito adicional diversos elementos da arquitectura defensiva como o castelo da Peroxa e un fito singular do patrimonio inmaterial como é o Folión de Carros chantadino".
O novo BIC abrangue un total de 70 bens de interese cultural entre inmobles (58), mobles (3) e manifestacións do patrimonio inmaterial (9) aos que se suman outros 512 bens inmobles catalogados no ámbito desta paisaxe cultural. A maiores, outros 634 bens inmobles de carácter sacro fican catalogados no conxunto do territorio da Ribeira Sacra. O novo BIC conta cunha zona considerada propiamente como BIC e outras de amortecemento, que tamén contará con medidas de protección especÃficas.