O Plan da Ribeira Sacra achegará 34 millóns a esta área

Inclúe actuacións sobre patrimonio, medio, turismo ou formación entre outros ámbitos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijóo, presentaba este 10 de decembro o Plan Ribeira Sacra, co que o Goberno Galego pretende potenciar a candidatura desta área a ser considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O proxecto prevé un investimento total de 34 millóns de euros ata 2023, que se empregarán en proxectos nos ámbitos do "patrimonio e paisaxe cultural; a ordenación do territorio; a conservación dos valores naturais e medio ambiente; o desenvolvemento económico sustentable, a xestión do turismo; a educación, formación e investigación ou a comunicación e participación", segundo explica a Xunta nun comunicado.

O financiamento desta iniciativa correrá a conta de cinco consellarías e cubrirá 7 programas e 35 accións que se desenvolverán en 25 concellos da zona. Feijóo avanzou ademais que este plan define unha estratexia común para a conservación e protección desta zona e destacou valores como o seu patrimonio románico e antropolóxico, a paisaxe ou as mostras de enxeñaría vencelladas ao cultivo das vides.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Turismo, Paisaxe, Patrimonio da Humanidade...