O Foro Territorios Patrimonio reflexiona sobre os novos desafíos do turismo cultural

Celébrase en Sober entre o 27 e o 29 de novembro e pódese seguir en directo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Festival 17º Ribeira organiza o Foro Territorios Patrimonio 2020 co obxectivo de "visibilizar a candidatura e o escenario da Ribeira Sacra ante a selección de Patrimonio da Humanidade" e centrándose na "reactivación económica, os valores do territorio, o rural, o cambio climático e a sustentabilidade". O Foro Territorios Patrimonio inclúe mesas redondas coa participación de responsables políticos e xestores de entidades de turismo de diferentes ámbitos, xestores culturais, publicistas e responsables de empresas de marketing turístico. O evento pódese seguir en liña desde o seu web.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Sober, Patrimonio da Humanidade, Ribeira Sacra