O Foro Territorios Patrimonio debate sobre o turismo e a cultura sustentables

Celébrase o 11 e o 12 na Ribeira Sacra en Pantón

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Hotel Iberik Augas Santas de Pantón acolle esta fin de semana o Foro Territorios Patrimonio, impulsado por I-Radia Crea e o 17º Ribeira Sacra Festival, e patrocionado pola Xunta de Galicia. Na súa edición 2021, o evento inclúe conferencias mesas redondas e actividades destinadas a profesionais da cultura e o turismo, no que se procura "trazar cuestións que axuden aos actores e sectores da zona a expor as súas estratexias de traballo". Boa parte das intervencións xirarán ao redor da "sustentabilidade cultural e patrimonial". O evento desenvolverase en formato "híbrido", con emisión en liña e conferencias físicas. Entre os relatores, profesionais da tecnoloxía, do turismo e da xestión cultural de diferentes comunidades autónomas.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Ribeira Sacra, Tecnoloxía, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares