Un libro recupera o patrimonio dos esgrafiados da Ribeira Sacra

A publicación está dispoñible no web do Consorcio de Turismo esta área

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Esgrafiado en Castro Caldelas

Esgrafiado en Castro Caldelas

Os esgrafiados, un tipo de decoración con debuxos realizados no revoco que se emprega de xeito tradicional nas casas da Ribeira Sacra, contan xa cunha publicación que recolle a súa riqueza nesta área. O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presentaba a pasada semana e ten xa dispoñible no seu web o libro Esgrafiados na Ribeira Sacra. De tradición cultural a recurso turístico. A publicación recolle o resultado dunha investigación que analiza de xeito divulgativo esta técnica decorativa, repasa as súas características e propón rutas para os coñecer.

O Consorcio leva xa varios anos a desenvolver accións de investigación e de recuperación destes bens patrimoniais, e o web desta institución sinala que se conservaban "na década final do século XX máis dun milleiro de edificacións decoradas con revestimentos de cal. Estamos ante a que posiblemente sexa a maior concentración de encintados e auténticos esgrafiados da Península Ibérica en ámbito rural".

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Turismo, Península Ibérica

Claves

Conceptos