Unha nova publicación pon en valor o patrimonio dos esgrafiados galegos

Mar López asina a obra que analiza 720 pezas desta arte case esquecida

13/7/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
22 lecturas | Compartido 0 veces

Esgrafiados en la ribeira Sacra y el camino de Santiago. Obras de arte y simbolismo en las paredes é o título do volume que a antropóloga Mar López presentaba este 11 de xullo no Instituto Campus Stellae, en Compostela. A obra, que conta co apoio do Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia, o instituto Campus Stellae e a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) analiza máis de 720 pezas desta arte, que emprega a cal con que se recubrían as paredes nas construcións tradicionais para desenvolver decoracións.
López, que leva anos dedicada ao estudo destes elementos, ata hai pouco non catalogados nin analizados, tira das súas investigacións a existencia dun estilo galego de esgrafiados que se concentran de xeito particular na Ribeira Sacra e no Camiño Francés.

Segundo explica a presentación da obra, a investigadora "constatou a existencia dun estilo propio característico do patrimonio rural galego, que evolucionou da arte inciso parietal cunha clara influencia románica". Segundo explica, este estilo "fai uso dunha técnica ornamental que consiste en decorar os enlucidos ou revestimentos das fachadas mediante incisións cun grafio, para crear figuras ou formas ao retirar da parte más superficial" do propio revestimento.

A obra, que se presentou este 11 de xullo, supón unha guía para se achegar a este patrimonio e compleméntase cunha exposición fotográfica que se pode ver no Instituto Campus Stellae en Santiago de Compostela.

Universo culturagalega.gal

05/11/2018

Restaurar unha arte perdida

Malia ao esquecemento no que se atopaban as decoracións en cal, diferentes profesionais traballan para recuperar estas pezas

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados