A sumar á proposta para que a Ribeira Sacra sexa recoñecida como Patrimonio da Humanidade, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o proxecto de candidatura para que este territorio opte tamén á declaración de Reserva da Biosfera. A iniciativa pretende que a UNESCO recoñeza a importancia dos ecosistemas e da riqueza cultural desta zona, que abrangue o espazo conformado pola Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel. En total a iniciativa afecta a 18 concellos de Lugo (Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, A Pobra do Brollón, PortomarÃn, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada e Triacastela) e cinco da provincia de Ourense (Castro Caldelas, Nogueira de RamuÃn, Parada de Sil, A Peroxa e A Teixeira), un territorio que difire da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
O proxecto abre agora o prazo de exposición pública e alegacións, e a Xunta pretende presentalo este mesmo ante a SecretarÃa do Comité Español do Programa MAB (Home e Biosfera) da UNESCO, co obxectivo de obter a súa declaración definitiva no ano 2021. Na actualidade existen no noso paÃs seis reservas biosfera que abranguen un 25% do territorio. Coa nova declaración, a superficie con esta distinción chegarÃa ao 34% do paÃs.
En Paralelo, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria de axudas para financiar actuacións municipais destinadas a pór valor as reservas da biosfera existentes. En total son 600.000 euros aos que poden optar concellos situados dentro destes espazos.