A Xunta comeza a preparación para o Xacobeo 2021

Anunciou onte a creación da Comisión Organizadora do vindeiro Ano Santo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Coa intención de "convertelo no mellor Ano Santo da historia de Galicia", o Consello da Xunta aprobaba onte a creación da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021. A entidade, que comezará en breve a traballar para organizar este progroama, terá entre as súas funcións "coordinar as actuacións das diferentes administracións públicas actuantes, en especial a Xunta de Galicia e os concellos galegos; aprobar o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021 e os diferentes Plans Operativos Anuais de desenvolvemento; aprobar a marca e o logo do Xacobeo 2021; buscar patrocinadores privados; propoñer as exencións fiscais aplicables a estes patrocinadores privados" e mais "elaborar e aprobar a programación do Xacobeo e traballar na difusión deste evento".

O órgano estará composto por un presidente, que será o titular da Xunta; un vicepresidente primeiro, que será o conselleiro de Cultura; un vicepresidente segundo, que será a directora de Turismo de Galicia; varios vogais procedentes de diferentes consellerías e organismos da Xunta con competencias e representantes do Concello de Santiago de Compostela, do Arcebispado e dos concellos polos que pasan os camiños xacobeos. Tamén contará cun secretario con voz e sen voto da Consellería de Cultura.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia de Galicia, Xunta de Galicia, Turismo, Concello de Santiago de Compostela...