O Consello da Xunta que se celebrou onte aprobou a posta en marchar da Comisión organizadora do Xacobeo 2021. A entidade, encargarase do "fomento e impulso das actuacións coordinadas das diferentes administracións e institucións implicadas; a aprobación da marca e logo do Xacobeo 2021, asà como do seu plan estratéxico e dos diferentes plans operativos anuais de desenvolvemento; a busca de patrocinadores privados e a promoción das exencións fiscais aplicables a estes e a difusión e elaboración da programación deste evento".
En paralelo a este organismo, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciou a creación da figura dun comisario do Xacobeo que con rango de conselleiro delegado terá "dedicación absoluta da preparación do Xacobeo e que proporá e elevará as diferentes actuacións a desenvolver, rendendo conta do seu exercicio ante a comisión". Segundo asegurou Feijóo as súas funcións diferirán das do xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Pola súa banda, e como parte da presentación da delegación galega no encontro madrileño FITUR, a directora de Turismo, Nava Castro, adiantou a posta en marcha dun novo festival musical. Sons do Camiño funcionará como antesala do vindeiro Xacobeo e achegará ao noso paÃs un programa de concertos de artistas internacionais. O Parque do Monte do Gozo, en Compostela, ademais doutras cidades galegas acollerán esta serie de eventos musicais que se desenvolverán a partir deste mesmo ano, no trienio previo ao Ano Santo.