A Comisión Executiva da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, integrada por representantes de diferentes departamentos da Xunta, da Igrexa e do Concello de Santiago de Compostela, reuniuse onte para definir os obxectivos estratéxicos da vindeira celebración. Segundo adianta a Xunta no seu web, no encontro adiantáronse as principais liñas de acción de cara a este grande evento, que perseguen "o obxectivo xeral de potenciar e actualizar a marca Galicia, reforzando a proxección internacional do noso paÃs, impulsando a renovación da oferta galega e consolidando Galicia como un destino único, referente cultural e turÃstico".
De xeito máis concreto, Román RodrÃguez anunciou a convocatoria de "O teu Xacobeo", unha convocatoria de proxectos aberta a toda a cidadanÃa, "que permitirá a calquera persoa ou entidade propoñer proxectos de interese en materia cultural, social ou deportiva, entre outros" de cara á celebración e que estará dotada con 2 millóns de euros. Pola súa banda, a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, adiantou o desenvolvemento dun programa de rehabilitación dos bens etnolóxicos vencellados ás rutas xacobeas, e sinalou que se lle dará continuidade ás accións de promoción e dinamización cultural propias da celebración. A Xunta adiantou tamén que este xoves o Consello da Xunta concretará o programa de bonificacións fiscais en Galicia para os patrocinadores do evento.