Un investimento de 600.000 euros mellorará as humidades da Catedral de Ourense

O templo de San Martiño abordará obras de restauración no ciborio e na fachada sur

18/1/2023 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
1 lecturas | Compartido 0 veces

Interior do ciborio da catedral de Ourense. Fonte: Turismo de Ourense.

Apenas dez días despois que de as chuvias se filtrasen de novo no interior Catedral de San Martiño de Ourense, a Xunta de Galicia iniciou o proceso de licitación de obras no templo. O portal Contratos de Galicia publicaba o pasado 12 de xaneiro a convocatoria para licitar o proxecto de restauración do ciborio e da fachada sur desta igrexa.
O proxecto, que conta cun orzamento de 575.992 euros, abordará traballos de impermeabilización nestas áreas con vistas a eliminar as filtracións, cun novo sistema de evacuación de augas pluviais e substitución de carpinterías. Ademais, tamén se farán limpezas das colonizacións biolóxicas e sucidade da pedra. As obras está previsto que se desenvolvan ao longo de cinco meses a partir da adxudicación da obra.

O investimento desenvólvese ao abeiro do Plan Catedrais da Xunta, que botou a andar en 2021 e prevé un investimento total de 7 millóns de euros neste templo. Os fondos deste plan contan con apoio europeo mediante o programa FEDER.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Lugares