Cun orzamento máximo de 361.682,31 euros, o portal Contratos de Galicia publicaba este 29 de maio a convocatoria para licitar os traballos de restauración do templo Votivo do Mar, en Panxón. O edificio, deseñado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios nos anos 30, leva anos a sufrir importantes filtracións de auga que provocaron diversos danos no conxunto, en particular nas súas vidreiras.
A obra que agora se iniciará ten como obxectivo dotar de estanquidade as fachadas do edificio, a realizar traballos de "limpeza, saneado de xuntas e rexuntado de muros de fabrica das fachadas". Canda a isto, desenvolveranse tarefas de limpeza de musgos e vexetación e realizarase unha restauración das carpintarÃas do campanario. Esta actuación acompañarase dunha proposta piloto para restaurar as carpintarÃa do muro sur "para facer o seguimento e determinar a súa viabilidade para estendela ao resto de vidreiras", e inclúe tamén a incorporación de ventilación permanente no templo. Ademais, a empresa adxudicataria deberá reparar os elementos estruturais de formigón armado danados pola corrosión do aceiro.
O pasado mes de abril finalizaban os traballos de diagnose sobre o estado do templo que realizou a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e que servirán de guÃa para as intervencións previstas. Este estudo sinalaba a existencia de patoloxÃas especialmente graves nas vidreiras do edificio, ao que se suman diferentes fisuras, roturas nos vidros, e unha situación do formigón e das súas armaduras "preocupante" nos elementos construtivos que conforman as vidreiras, os rosetóns e os forxados da torre. As filtracións de auga e o ambiente salino da zona apúntase como principais causas dos anos.