A Catedral de Ourense recibirá un investimento de 170.000 euros en rehabilitación

As cubertas e o Pórtico do Paraíso serán os eixes da actuación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de múltiples demoras, semella que finalmente a Catedral de San Martiño de Ourense verá este ano os traballos de recuperación do Pórtico do Paraíso. O conselleiro de Cultura, Xexús Vázquez, visitaba onte o templo e anunciaba un investimento de "120.000 euros para reparar as canles de pedra e a rede de canalóns e baixantes" que afectará tamén á impermeabilización dos tellados na nave principal e na tribuna do Pórtico do Paradiso. Canda a isto, outros 50.000 euros destinaranse á conservación e restauración das pinturas murais dos muros laterais no nártex do Pórtico.

As anunciadas actuacións na catedral estaban xa consignadas nos orzamentos deste ano e afectan a áreas seriamente deterioraras pola humidade. Diferentes colectivos sociais e o propio arcebispado denunciaran os atrasos sucesivos aos que ser viron sometidas estas actuacións.

Na súa visita a Ourense, o conselleiro adiantou tamén o investimento de 66.000 euros na segunda fase de rehabilitación de Pazo dos Oca-Valladares. As obras afectarán fundamentalamente a carpinterías, enteados e pintura da sede do Liceo Recreativo de Ourense, declarado Ben de Interese Cultural.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Catedral, San Martiño, Muros...