A reiteradas chamadas de atención en diversos medios sobre o mal estado do Pórtico da Gloria da Catedral de San Martiño, en Ourense, semella que conseguiron resultados. A ConsellarÃa de Cultura anunciaba esta mañá que antes de que remate o ano se iniciarán estudos sobre o conxunto e se desenvolverán actuacións urxentes, para o que comprometeu un orzamento de 60.000 euros. No mesmo perÃodo, outros 30.000 euros procurarán adecuar as dependencias do Museo e do Arquivo do templo, e unha cantidade por determinar tentará eliminar os problemas de humidades máis importantes. O titular do departamento, Roberto Varela, anunciou asimesmo que a ConsellarÃa está a estudar un investimento de 1,5 millóns de euros para restaurar o conxunto. Este apoio económico repartirÃase ata 2013 en función da situación económica global e no marco do Plan de Catedrais.