A Deputación de Ourense inicia traballos de rehabilitación na Catedral

O Retablo do Pilar e a figura de Santiago Matamoros son as pezas afectadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo das repetidas reclamacións e anuncios sobre as obras de restauración na Catedral de Ourense, finalmente foi a Deputación desta provincia a entidade que deu inicio a estes traballos. Deste xeito, o ente provincial encargoulle o Centro Técnico San Martín, dependente da propia diócese, que inicie a rehabilitación do Retablo do Pilar e mais da figura do Apóstolo a cabalo. A primeira das actuacións conta cun orzamento de 7.273 euros, mentres a segunda custará 5.109. Nos dous casos preténdese restaurar a policromía orixinal das pezas. A Consellaría de Cultura anunciou recentemente o investimento de ata 1,5 millóns de euros ata o vindeiro ano 2013 na recuperación do templo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Deputación de Ourense, Apóstolo

Claves

Conceptos
Lugares