Certifican o estado "lamentable" do pórtico norte da Catedral de Ourense

Continúan as obras de restauración do Pórtico do Paraíso e a capela de San Xoán

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Mentres continúan as obras de restauración do Pórtico do Paraíso e a capela de San Xoán da Catedral de Ourense, os técnicos están a avaliar o estado de conservación do pórtico norte do templo. Os tres restauradores atoparon a porta moi danada, con moitísima humidade e sales, que están afectando a un importante conxunto escultórico. O delegado diocesano de Patrimonio, Miguel Ángel González, sinalou que "a portada estase a desintegrar". O estudo foi encargado pola Dirección Xeral de Patrimonio, que é o organismo que está a financiar as outras restauracións da Catedral.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, San Xoán, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Conceptos
Lugares