Cultura e o bispado reactivarán o proxecto do Pórtico do Paraíso

Os franciscanos denuncian o estado do claustro do Mosteiro de San Francisco en Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Despois de catro intentos frustados para recuperar o Pórtico do Paraíso e da Capela de San Xoán na Catedral de San Martiño (Ourense), parece que a restauración se vai desbloquear. Así o asegura o bispado ourensá ante a solicitude da consellaría de Cultura para que o seu titular, Roberto Varela, se entreviste coas autoridades relixiosas desta diócese durante o vindeiro mes de setembro. Canda esta parálise, a parada e a reanudación continuada das obras do Claustro de San Francisco (Ourense) acaba de colmar a a paciencia da comunidade franciscana. De feito, o ministro xeral desta orde relixiosa (á que pertenceu o edificio) acaba de criticar en La Voz de Galicia o estado do inmoble, ao tempo que insta ás autoridades administrativas a axilizar as obras de reforma.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Mosteiro de San Francisco, Roberto Varela, San Martiño...