A Catedral de Ourense verá obras de restauración por valor de 429.000 euros

Xunta, Diócese e Estado financian uns traballos que afectarán ás reixas e púlpitos da Capela Maior

8/4/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

Esquema de elementos da reixas da catedral de Ourense. Fonte: Diócese de Ourense

As reixas e púlpitos da Capela Maior de Ourense verán obras de restauración nos vindeiros meses. O Ministerio de Industria e Transportes, a través do 1,5% cultural, a Diócese de Ourense e a Xunta cofinancian uns traballos orzamentados en 429.000 euros. Destes, a Consellería de Cultura achega un total de 175.000. A actuación prevé a limpeza e a recuperación das reixas metálicas, a desinsectación de elementos de madeira ou a eliminación de sales nas pedras, así como a recuperación de elementos policromados nos conxuntos. Na presentación destas intervencións, a Consellería de Cultura anunciou o inicio, nas vindeiras semanas, de obras que afectarán a nártex, torres, campás e fachada oeste do templo. Estas actuacións licitáronse por un valor de 400.000 euros.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Consellería de Cultura, Catedral

Claves

Conceptos
Lugares