A Xunta licita de novo a rehabilitación das Torres de Oeste en Catoira

Incrementa a partida para este fin ata os 420.450 euros, logo de ficar deserto o anterior procedemento

26/3/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

A capela e a contorna das Torres de Oeste, en Catoira, verán obras de rehabilitación por valor de 420.450 euros ao longo dos vindeiros meses. Cando menos, esa é a intención da Xunta de Galicia, que acaba de licitar os traballos neste conxunto logo de que a primeira tentativa ficase deserta.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O pasado mes de agosto, a Xunta de Galicia iniciaba o primeiro proceso de licitación deste proxecto cun orzamento de partida de 300.000 euros. Non entanto, o procedemento fechaba en outubro ao ficar deserta a adxudicación. Este 25 de marzo a plataforma Contratos de Galicia recollía o novo proceso de licitación, cun orzamento incrementado aos 420.000 euros.

Ao igual que o anterior proxecto, os traballos céntranse sobre todo na capela do conxunto, que verá retellada a súa cuberta, contará con novas portas e mellorará o badalo da campá. Ademais, restaurarase a imaxe do Apóstolo Santiago presente no templo e incorporarase un panel informativo no exterior.

Nas proximidades do monumento instalarase un novo posto de información, desmontaranse pórticos de pérgola presentes no camiño e acondicionarase o paseo. As actuacións tamén mellorarán a iluminación exterior da zona e inclúen o mantemento de zonas axardinadas.

Os traballos desenvólvense co apoio dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catoira, Torres de Oeste, Xunta de Galicia, Apóstolo Santiago...