Retablo da igrexa de Flariz durnte a presentación das obra. Fonte: Consellería de Cultura
O templo barroco de San Pedro de Flariz, en Monterrei, acollerá traballos de rehabilitación ao longo dos vindeiros sete meses. A Consellería de Cultura anunciou a licitación do contrato para realizar obras neste monumento por valor de 579.236 euros. Segundo anunciou a Consellería, os traballos consistirán na substitución da cuberta, de tella curva de zinc e mais carpintería, coa intención de permitir unha ventilación constante do interior.
Ademais, elaborarase unha estrutura de madeira laminada de castiñeiro, e dun habitáculo para albergar o reloxo, e mellorarase a accesibilidade coa eliminación do chanzo nun dos accesos. Finalmente abordarase a restauración das melenas das campás e das portas de madeira de acceso ao templo.



