A capela da Virxe dos Milagres, na illa de Cortegada, conta de novo coa súa bóveda de canón e co seu arco. O conselleiro de Cultura, José López Campos, visitaba este 6 de agosto as obras de rehabilitación que pretenden recuperar a cuberta deste templo en ruÃnas desde hai anos. A Xunta aprobou en 2023 un investimento de 600.000 euros para estes traballos.
O proxecto, que está executado nun 50%, prevé recuperar a cuberta do templo, a incluÃr a reconstrución da bóveda de canón do presbiterio e dos muros, "ademais doutros traballos que teñen que ver coa limpeza e rexuntado nos muros aÃnda en pé e dos interiores do inmoble, conservando os restos de posible policromÃa existente", segundo explica a Xunta.
A actuación prevé tamén a instalacións de novas carpintarÃas en portas e cristaleiras nas fiestras, ademais de mellorar o saneamento interior e acondicionar o exterior do templo.