O conselleiro de Cultura, José López Campos, visitaba este 12 de decembro a Catedral de Lugo, onde anunciaba o inminente comezo dos traballos para resolver os problemas de humidades que afectan ao templo. O departamento que dirixe adxudicou por valor de 450.000 euros estas obras, que está previsto que comecen ao longo das vindeiras semanas.
Segundo explicou a ConsellerÃa, as actuacións centraranse na capela dos Ollos Grandes e nas absidais, localizadas na cabeceira da catedral. Os traballos abordarán "a mellora da canalización das augas, da drenaxe e da ventilación", ademais de realizar tarefas de limpeza e rexuntado da fábrica exterior do conxunto.
Prevese que os traballos, inseridos nos investimentos do Plan Catedrais e financiadas con fondo Feder, se desenvolvan ao longo dos vindeiros seis meses. López Campos adiantou ademais que está prevista unha vindeira actuación no conxunto para rehabilitar os espazos anexos á banda oeste do claustro catedralicio de cara ao seu uso cultural no marco do museo diocesano.