Un investimento de 550.000 euros amañará as humidades da capela da Orde Terceira da Coruña

A Consellería de Cultura financia a reparación da cuberta de varias edificacións anexas a este templo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un investimento de 550.000 euros amañará as humidades da capela da Orde Terceira da Coruña

Ao longo das vindeiras semanas está previsto que comecen as obras de restauración de cubertas na capela da Venerable Orde Terceira, na Coruña. Este conxunto do século XVIII recibirá un investimento de 550.500 euros da Consellería de Cultura para pór fin aos problemas de humidades que lle afectan.

O proxecto, que se desenvolverá ao longo de dez meses, pretende rematar con problemas de seguridade estrutural e estanquidade da cuberta das edificacións anexas á capela. A vivenda, a sancristía e o almacén verán unha substitución da cuberta existente por unha nova composta de taboado de madeira de castiñeiro, con placas de fibrocemento e tella curva.

As obras implican tamén unha baixada da cota do cumio da sancristía e do almacén, a axeitar a pendente da cuberta á normativa e descubrir ocos de fiestras existentes na fachada. Limpeza e paramentos instalación de canlóns e baixantes, substitución de xanelas ou actuación sobre a instalación eléctrica son outras das tarefas previstas no proxecto.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Consellería de Cultura

Claves

Lugares