A Consellería de Cultura restaurará o Santuario das Angustias en Ferrol

Adxudicou obras no templo do século XVIII por valor de 114.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Consellería de Cultura restaurará o Santuario das Angustias en Ferrol

O Santuario de Nosa Señora das Angustias, en Ferrol, verá ao longo das vindeiras doca semanas obras de restauracion por valor de 114.000 euros. A Consellería de Cultura anunciou este 20 de xaneiro a licitación do contrato para uns traballos que se centrarán en eliminar as humidades que sofre este templo do século XVIII.

Segundo adianta a Consellería, está prevista "a construción dunha cámara bufa, a impermeabilización de puntos críticos, a renovación dos revocos con morteiro de cal, a substitución puntual da cuberta de tella, así como diversos tratamentos de limpeza, consolidación e pintado do monumento". O santuario é un elemento catalogado incluído no planeamento de Ferrol e situado nas proximidades do Camiño Inglés a Santiago.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Consellería de Cultura

Claves

Lugares