Un investimento de 300.000 euros resolverá as humidades do santuario da Peregrina

O templo pontevedrés acollerá obras durante seis meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Santuario da Peregrina. Fonte: Wikimedia Commons

Santuario da Peregrina. Fonte: Wikimedia Commons

Resolver os problemas de humidades que afectan á cuberta e ás fachadas do santuario da Peregrina, en Pontevedra. Este é o obxectivo do investimento de 311.319 que anunciaba este 16 de xaneiro a Consellería de Cultura e co que sufragará obras cunha duración prevista de seis meses.

Segundo adiantou José López Campos, responsable do departamento, as actuacións incluirán "substituír a cuberta de chumbo por unha de zinc, realizar impermeabilizacións, reparar canlóns, protexer as gárgolas e cambiar a pasarela de madeira de acceso á cuberta por unha metálica".

As intervencións implican tamén a restauración de elementos escultóricos como a balaustrada, os pináculos e as cornixas, ademais de recuperar as imaxes da virxe da Peregrina, Santiago, san Roque e a da Alegoría da Fe situadas na fachada.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellería de Cultura, Pontevedra, José López Campos

Claves

Protagonistas
Lugares