A recuperación da capela ourensá dos remedios custará 387.000 euros

A Consellaría investirá 87.000 euros na primeira fase de recuperación

18/11/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces
Máis de tres anos despois de que un incendio destruíse a capela ourensá dos Remedios, a Xunta anunciou hoxe o investimento para iniciar a súa recuperación. Un convenio entre o Concello, a Deputación, o Bispado e mais a Consellaría de Cultura permitirá que esta última entidade achegue 87.000 euros á primeira fase dos traballos de rehabilitación deste templo. A iniciativa é só o primeiro paso dun proxecto que pretende limpar e resturar as pedras que se conservan, construír unha nova cuberta e dotar o conxunto de alumeado con vistas a que se poida abrir de novo ao culto. O custo total do proxecto está estimado en 387.000 euros.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves