A igrexa de Santa María de Azougue acolle traballos de restauración

Un investimento de 450.000 euros recuperará a cuberta e a sancristía do templo betanceiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Igrexa de Santa María do Azougue. Fonte: Turismo de Galicia

Igrexa de Santa María do Azougue. Fonte: Turismo de Galicia

Para o vindeiro mes de marzo está previsto que se completen as obras da igrexa de Santa María de Azougue, en Betanzos. O templo gótico está a acoller traballos por un valor de 450.000 euros achegados pola Consellería de Cultura que permitirán recuperar a cuberta e a sancristía deste monumento do século XV.

As obras pretenden resolver os problemas de entrada de auga na sancristía ademais de eliminar as humidades existentes no teito e nos paramentos verticais. O proxecto abordará tamén a substitución das cubertas do templo, a sancristía e o acceso ao campanario.

A obra tamén contempla a limpeza das fachadas do templo, a incluír rexuntado con morteiro de cal, ademais de substitución de carpintarías e a colocación de vidros en ventás que faltan. A impermeabilización da espadana-campanario con chapa de cobre e a habilitación dunha cuberta transitable completan as actuacións previstas.

O templo xa acollera entre 2021 e 2023 actuacións no retablo que contaron cunha achega do goberno autonómico de 75.500 euros.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellería de Cultura, Betanzos

Claves

Lugares