A Xunta licita a restauración da igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe

O orzamento de 170.000 euros permitirá recuperar varias pezas escultóricas presentes no templo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cruceiro e igrexa de Santa María da Atalaia. Fonte: Turismo de Galicia

Cruceiro e igrexa de Santa María da Atalaia. Fonte: Turismo de Galicia

Un investimento total de 170.000 euros permitirá restaurar a igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe. A Xunta licitou o proxecto de recuperación deste templo de estilo gótico mariñeiro, no que xa se está a traballar sobre o cruceiro.

Segundo sinala o Goberno, as intervencións previstas centraranse en "resolver os danos que se teñen detectado tanto na torre, como en determinados elementos escultóricos pétreos da fachada e do interior do edificio". Canda a isto, tamén se abordará a restauración do fresco de San Domingo de Guzmán existente no interior do templo.

De xeito previo a esas actuacións, están xa en marcha os traballos para recuperar o cruceiro da igrexa, no que apareceron fendas importantes, e mais unha cruz do testeiro do templo, que sufriu danos logo da súa caída. Estes labores contan cun orzamento de 5.000 euros.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Torre

Claves

Conceptos