A Xunta iniciou a incoación dos expedientes para a declaración de dúas igrexas, a de Santa Cruz do Incio e a de Santa MarÃa da Atalaia, de Laxe, como Bens de Interese Cultural (BIC). A igrexa de Santa Cruz do Incio foi proxectada en 1960 por José Luis Fernández del Amo e é "unha mostra excepcional da arquitectura do Movemento Moderno en Galicia". Segundo a Xunta, "posúe notables valores arquitectónicos dunha intensidade infrecuente no conxunto do patrimonio moderno de Galicia". Ademais, o templo contén "un conxunto moi notable de pezas mobles deseñadas tanto polo propio arquitecto e realizadas por artistas locais como polo escultor José Luis Sánchez Fernández ou o pintor José Luis Gómez Perales". A igrexa de Santa MarÃa da Atalaia, en Laxe, xustifÃcase por presentar "unhas particularidades arquitectónicas, sinxelas, robustas e sobrias que son un exemplo representativo do gótico mariñeiro caracterÃstico da Costa da Morte; en segundo lugar, a calidade do conxunto escultórico e decorativo, sobre todo o retablo pétreo da resurrección". Na mesma resolución tamén se recoñecerá o cruceiro da Atalaia, inmediato á igrexa, como ben de interese cultural.
Por outra banda, Patrimonio aprobou obras por valor de máis de 360.000 euros en diferentes conxuntos eclesiásticos. Un deles era a polémica igrexa de San Martiño de Lousada, en Samos, que malia ser unha importante representante do románico da zona, levaba en ruÃnas catro décadas, o seu tellado estaba caÃdo e a maleza medra no seu interior. A intervención, de 210.000 euros, permitirá "resolver as patoloxÃas existentes no ben, recuperar o uso da igrexa para o culto e acondicionar os espazos exteriores do adro". Entre eles, poñer unhas novas cubertas. No caso do santuario da Nosa Señora das Angustias de Ferrol, a actuación, de máis de 120.000 euros, irá destinada a acometer os problemas de humidades que afectan ao inmoble. Este templo é a sede da ConfrarÃa das Angustias e un "importante espazo eclesiástico na celebración da Semana Santa ferrolá". Tamén hoxe foi licitado por 270.000 euros a resturación da igrexa de San Vicenzo de Pombeiro (Pantón), "unha das xoias do románico en Galicia" e na que se actuará para reducir a presenza de humidades e mellora de ventás, fachadas e do espazo da sancristÃa. Tamén en Pantón, en Santo Estevo de Atán, o goberno galego iniciou a tramitación para contratar obras de restauración por 40.000 euros. Ademais, a Xunta financiará a nova iluminación da sancristÃa do Colexio da CompañÃa de Monforte, onde se atopa a pinacoteca con valiosas pinturas, entre elas dous Grecos, por un valor de 36.000 euros.
Información actualizada ás 13:00 do 2 de xuño de 2020